viernes, 20 de marzo de 2015

Semana da prensa


Os alumnos de primeiro tiveron a difícil misión de comprobar se os xornais publican noticias verdadeiras ou falsas e, para iso, investigaron mirando xornal por xornal e lendo os titulares das noticias ata que, atoparon varias novas relacionadas co noso centro. Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo.
Como a grabación non é moi boa, deixamos escrita a conversa: 

-         Lucía: Ola, é a Semana da prensa e imos a estudar se os periódicos é verdade o que din ou non.
-         Guillermo: eu opino que sí porque as noticias son verdade.
-         Federico: eu digo que sí porque non se pode mentir.
-         Manuela: Máis ou menos, porque os chistes que saen nos periódicos é mentira e entón, non é todo verdade porque non se pode mentir e ademais o que sae nos diarios de que sexa chiste iso son bromas e entón iso está mal.
-         Lola: Pero creo que os chistes non son mentira porque o meu visabó ten un chiste sobre el que pasou de verdade, entón, algúns chistes son verdade.
-         Naim: Eu opino que sí porque o que sae nas noticias, algunhas veces é verdade e algunhas veces, non.
-         Lucía: Iso é verdade porque o que sae nos periódicos é sempre verdade.



Despois de atopar noticias onde se falaba sobre a posible caída do teito do ximnasio do noso cole e tamén, de ir revisar o ximnasio minuciosamente, chegamos ás seguintes conclusións:

-         Pablo: Despois de ver os periódicos, sabemos que:
-         Lina: Se tocas, pódese caer. Se non tocas, non vai caer. Na miña tenda pasaba e tivemos que poñer un caldeiro para que as gotas cairan dentro.
-         Hugo: Non se vai caer porque non hai grietas.
-         Manuela: Sí, porque ao mellor a profe Julia quere arranxalo e, ao mellor, tócao e pode derrubarse o teito.
-         Azahara: Ao final, ás veces os periódicos minten e ás veces, non minten.
-         Guillermo e Sergio: Ben! 










No hay comentarios: