sábado, 28 de marzo de 2015

Froitos secos "El Nogal"

Este xoves, todos os alumnos de primaria do cole, saímos de excursión a unha fábrica de Campo Lameiro. Chámase "El Nogal". Alí puidemos ver un montón de cousas. E como premio ao noso bo comportamento, regaláronnos un montón de bolsas con froitos secos.
Desde aquí, damos ás gracias a María, que foi unha guía estupenda.

Poñendo a equipación nada máis chegar
Atendendo ás explicacións

Mirando un vídeo explicativo sobre o pistacho

Na super neveira

Os produtos veñen de moitos sitios e de moi lonxe

As pipas preparadas para entrar no forno

As pipas xa listas

A máquina dos orellóns

A máquina dos orellóns

O equipo moi atento

No almacén


Produtos listos para sair á tenda

Repoñendo forzas

Repoñendo forzas

jueves, 26 de marzo de 2015

Celeste

A encargada desta semana foi Celeste. E quedounos moi claro que o máis importante para ela, é o xogo. Quere xogar, xogar e xogar. Aquí tedes a súa fantástica explicación:

"O golfiño blu blu que me encanta porque fai moi ruidos. Unha boneca que é una serea e pode transformar o seu vestido nunha cola de serea e tamén ten un peine na cola. E un libro de sereas, que era da miña irmá Iria pero agora é meu porque me encantan as sereas". 

 

viernes, 20 de marzo de 2015

Semana da prensa


Os alumnos de primeiro tiveron a difícil misión de comprobar se os xornais publican noticias verdadeiras ou falsas e, para iso, investigaron mirando xornal por xornal e lendo os titulares das noticias ata que, atoparon varias novas relacionadas co noso centro. Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo.
Como a grabación non é moi boa, deixamos escrita a conversa: 

-         Lucía: Ola, é a Semana da prensa e imos a estudar se os periódicos é verdade o que din ou non.
-         Guillermo: eu opino que sí porque as noticias son verdade.
-         Federico: eu digo que sí porque non se pode mentir.
-         Manuela: Máis ou menos, porque os chistes que saen nos periódicos é mentira e entón, non é todo verdade porque non se pode mentir e ademais o que sae nos diarios de que sexa chiste iso son bromas e entón iso está mal.
-         Lola: Pero creo que os chistes non son mentira porque o meu visabó ten un chiste sobre el que pasou de verdade, entón, algúns chistes son verdade.
-         Naim: Eu opino que sí porque o que sae nas noticias, algunhas veces é verdade e algunhas veces, non.
-         Lucía: Iso é verdade porque o que sae nos periódicos é sempre verdade.



Despois de atopar noticias onde se falaba sobre a posible caída do teito do ximnasio do noso cole e tamén, de ir revisar o ximnasio minuciosamente, chegamos ás seguintes conclusións:

-         Pablo: Despois de ver os periódicos, sabemos que:
-         Lina: Se tocas, pódese caer. Se non tocas, non vai caer. Na miña tenda pasaba e tivemos que poñer un caldeiro para que as gotas cairan dentro.
-         Hugo: Non se vai caer porque non hai grietas.
-         Manuela: Sí, porque ao mellor a profe Julia quere arranxalo e, ao mellor, tócao e pode derrubarse o teito.
-         Azahara: Ao final, ás veces os periódicos minten e ás veces, non minten.
-         Guillermo e Sergio: Ben! 










jueves, 19 de marzo de 2015

Lucía

Os tres obxectos importantes para Lucía son os seguintes:

"Unha máquina coa que xogo e podo facer moitas fotos e vídeos, encéndese neste botón e xa está. 
Uns petshop porque xogo con eles e gústanme moito. Teño toda a colección. 
E tamén unha foto da miña cadeliña pero na foto tiña dez meses, agora ten moitos anos, dez creo". 

 

sábado, 14 de marzo de 2015

Transportes

Fai uns días estivemos traballando sobre os transportes antigos: o seu funcionamento, os tipos que había, se ían por terra, mar ou aire, algúns que desaparecen ou que se usan pouco xa e puidemos ver unha maqueta dunha avioneta que levaba metralletas na parte dianteira. Parecíase moito as que saían na película de Pearl Harbor. E como nos sobraban uns minutiños, vimos un pedaciño da batalla.
Pinchando aquí, podedes ver a batalla.


jueves, 12 de marzo de 2015

Guillermo

Esta semana Guillermo presentounos os tres obxectos que el considerou como os máis importantes. Traía todo anotadiño nun papel para non esquecerse de nada. Fíxoo de marabilla este chico. Estade atentos!

Un balón de fútbol xa que lle gusta moito xogar co seu irmán Agustín, unha foto de toda a súa familia que é moi, moi grande porque aínda que de vez en cando rifan, quérense moito e tamén, un sobre de sopa porque se non comemos ben, podemos morrer.


sábado, 7 de marzo de 2015

Saída ao teatro

Unha saída completa: primeiro disfrutamos dunha obra de títeres, logo, aprendimos moitas cousas sobre Picasso, Miró, Tapies e outros artistas e puxemos en práctica algunha das súas técnicas. Ao final, como nos sobraron algúns minutiños, fomos ao parque para gastar todas as enerxías que nos quedaban.
Foi un día estupendo!



                                          


              

                          
                                             

 
















viernes, 6 de marzo de 2015

Naim

Esta semana, Naim foi  o encargado de traer tres obxectos importantes para el e de explicarnos o motivo da súa importancia. Aquí tedes a explicación:

Trouxen esta camiseta e esta medalla porque foi cando gañamos o torneo de Caldas. Aquí saio eu na camiseta e tamén sae Pablo. Tamén trouxen unha foto de mama, papá e eu porque para min, a familia é moi importante.