miércoles, 23 de abril de 2014

Día do Libro

Un montón de actividades tivemos hoxe para celebrar o Día do Libro e, ao final, unha moi grata sorpresa....
Mirade, mirade:

1. Pensamos un personaxe dun conto clásico e a cambiamos de conto!! Foi divertidísimo.

Todos os debuxos
O Gato con Botas convertido en Bela Durminte

A Ratiña presumida na casa de Hansel e Gretel
Hansel e Gretel bailando as cancións do Flautista de Hamelín



2. Os maiores do cole viñeron buscarnos para lernos un conto. Fixemos debuxos e intercambiamos marcapáxinas: 

 

 



3. Fixéronnos un agasallo! Catro novos libros para a biblioteca que temos na clase. É fantástico. Estamos moi contentos!



No hay comentarios: