miércoles, 23 de abril de 2014

Día do Libro

Un montón de actividades tivemos hoxe para celebrar o Día do Libro e, ao final, unha moi grata sorpresa....
Mirade, mirade:

1. Pensamos un personaxe dun conto clásico e a cambiamos de conto!! Foi divertidísimo.

Todos os debuxos
O Gato con Botas convertido en Bela Durminte

A Ratiña presumida na casa de Hansel e Gretel
Hansel e Gretel bailando as cancións do Flautista de Hamelín



2. Os maiores do cole viñeron buscarnos para lernos un conto. Fixemos debuxos e intercambiamos marcapáxinas: 

 

 



3. Fixéronnos un agasallo! Catro novos libros para a biblioteca que temos na clase. É fantástico. Estamos moi contentos!



lunes, 21 de abril de 2014

Unha postal para Aruba

Estanos gustando moito iso de escribir cartas!!
En primeiro lugar, se Elías ten unha carta, Aruba tamén debía ter unha. 
Pensamos nunha postal porque é un pouco máis difícil. O sitio é moi pequeno... pero colleunos todo!
Eliximos unha postal dunha moto antiga. Seguro que lle gusta moito. 
A profe axudounos soamente a poñer os tiles e as comas. O resto, é cousa nosa. 
Un bico moi grande. 

"Querida Aruba: 
Como estás? Nós estamos ben. Xa lle enviamos unha carta a Elías pero, como tamén sabemos escribir postais, mandámosche unha a ti porque te queremos e te botamos de menos. 
Tes novos amigos? Nós temos dous compañeiros novos: Alo e Uxío. 
Aruba, sempre estarás no noso corazón e aquí estamos para axudarche nos malos momentos e nos bos, tamén. Ata pronto!". 


sábado, 12 de abril de 2014

Obradoiro de cociña en inglés

Sorpresa!! As profes tiñannos preparada unha sorpresa para o último día de cole antes das vacacións de Semana Santa.
Fixemos un obradoiro de cociña en inglés!!
Despois, disfrutamos do picnic e xogamos un pouco máis. Eso sí, os pequenos no areeiro e, os maiores, ao parque....botámolo moito de menos!!

Recibindo as instrucións
Primeira parte lista!

Rematando a tarefa

 
Cortando á metade...ou case!

Comezo da segunda parte

Elaborando as brochetas

Algún trozo que se resiste...

Empeza o picnic!

Por onde empezaremos?

Que rico todo!

A ver se sobra algo...
Pensando nos xogos de despois


Xogando

Os pequenos ao areeiro...

e os maiores ao parque


jueves, 10 de abril de 2014

A dentadura da praia de Laño

Un vídeo xenial explicando a orixe da dentadura que atopamos durante a limpeza da praia. Disfrutadeo!


sábado, 5 de abril de 2014

Enviamos unha carta!!

Como estamos aprendendo, en clase de lingua castelá, a escribir cartas, decidimos que unha boa forma de practicar era mandándolle unha carta a Elías. E pedimoslle á profe de relixión que lla levara, xa que ela tamén está no cole de Elías.
Esta foi a carta que lle escribimos: 

"Venres, 04 - 04 - 14
Querido Elías: 
¿Qué tal estás? Nosotros estamos bien pero te echamos de menos. 
Estamos aprendiendo a escribir cartas, por eso te escribimos esta carta. 
Yo soy Noa y este año fuimos del mar disfrazados y me gustaria verte. 
Yo soy Brayans y tengo ganas de verte para saber como estás no te olvides de darle saludos a tu ermana vale. 
Yo soy Santi, algun día me gustaría verte, a tu hermana y a Wassin. 
Yo soy Dani cuando vas a venir te esperamos. 
Yo soy Javi te echo demenos Elías fuy al zoo vi cocrodilos, ocas, monos y renos. 
Yo soy Halan todos te echamos de menos queremos que vuelvas. 
Yo soy Óscar y fuimos a limpiar la playa de Laño. 
Falta Silvi porque está malita pero te manda muchos besos".