domingo, 24 de noviembre de 2013

Magosto

O venres foi un día distinto ao resto do curso: celebramos a chegada do Magosto con montón de actividades. A primeira hora da mañá, os compañeiros de 4º, pasaron pola nosa clase para contarnos un conto, sobre unha castaña moi particular, chamada Dorinda. Despois, levamos a cabo unha carreira solidaria en colaboración con Save the Children para recadar fondos para os nenos e nenas etíopes. Este ano, dimos un montón de voltas. E para rematar a mañá, recuperamos as forzas, tomando un montón de castañas que, a profe Vanessa e a profe María Jesús, prepararon con moito traballo e moito cariño para todos nós.
Aquí tedes as fotos para ver que ben o pasamos!

 





No hay comentarios: