sábado, 30 de noviembre de 2013

"A nena e o grilo nun barquiño"

Esta semana fixemos unha saída ao Centro Social de Novacaixagalicia para ver un musical. Á saída, demos un paseo ata a Alameda, onde merendamos e xogamos un rato, antes de subir ao bus e regresar ao cole.





domingo, 24 de noviembre de 2013

Magosto

O venres foi un día distinto ao resto do curso: celebramos a chegada do Magosto con montón de actividades. A primeira hora da mañá, os compañeiros de 4º, pasaron pola nosa clase para contarnos un conto, sobre unha castaña moi particular, chamada Dorinda. Despois, levamos a cabo unha carreira solidaria en colaboración con Save the Children para recadar fondos para os nenos e nenas etíopes. Este ano, dimos un montón de voltas. E para rematar a mañá, recuperamos as forzas, tomando un montón de castañas que, a profe Vanessa e a profe María Jesús, prepararon con moito traballo e moito cariño para todos nós.
Aquí tedes as fotos para ver que ben o pasamos!

 





jueves, 7 de noviembre de 2013

Receitas montruosas

E así preparamos o Samain este curso... con pantasmas de plátano, basoiras de meiga e cabazas de mandarina. Que rico!