domingo, 12 de mayo de 2013

Unha carta para Luciano Sobral

Este pasado venres, envíamos por correo postal unha carta ao Alcalde de Poio, don Luciano Sobral. Despois de rematar as nosas investigacións por Raxó e Samieira, este foi o resultado:

"Bos días Luciano: 
Somos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do CEIP Espedregada de Raxó. Estamos aprendendo en Coñecemento do Medio quen é o alcalde, quen son os concelleiros e as cousas que fan. Ademais, en Lingua Castelá, traballamos as cartas. Por iso, despois de investigar moito, preguntando aos veciños, á familia, e observando nós mesmos, decidimos escribirlle esta carta, contándolle as nosas averiguacións, de todo o que é preciso mellorar ou arranxar na nosa localidade: 
1. Raxó necesita beirarrúas. 
2. Limpar as praias de Sinás e Laño. 
3. As beiras dalgunhas rúas están cheas de herbas. 
4. Escoitar máis ao pobo. 
5. Gustaríanos ter máis actividades no Centro Cultural Xaime Illa. 

Moitas grazas por atendernos Señor Alcalde. Un saúdo moi grande. 
Atentamente, os alumnos de 1º: Noa, Halan, Elías, Aruba, Santiago, Javier, Silvia, Daniel e Óscar".

  

No hay comentarios: