Nas últimas semanas, estivemos traballando en Medio, o tema dos animais e as súas características. Coñecimos a un moi especial: chámase Villarina. E por fin, hoxe, acabamos os debuxos de Villarina e os seus irmáns. Pero... sabedes quen é Villarina? Pois é nada máis e nada menos que unha osa que foi atopada ferida e soa nun monte de Asturias. Foi levada a un refuxio para que recuperarse durante uns meses e, agora, xa de volta en liberdade.
Nós, coñecimos a súa historia gracias a este libro :
"El retorno de Villarina. Un cuento de osos, urogallos y humanos"
de FAPAS (Fondo para la Protección de Animales Salvajes)
Despois, puidemos ver algúns vídeos dela no monte, coma este:
Este pasado venres, envíamos por correo postal unha carta ao Alcalde de Poio, don Luciano Sobral. Despois de rematar as nosas investigacións por Raxó e Samieira, este foi o resultado:
"Bos días Luciano: Somos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do CEIP Espedregada de Raxó. Estamos aprendendo en Coñecemento do Medio quen é o alcalde, quen son os concelleiros e as cousas que fan. Ademais, en Lingua Castelá, traballamos as cartas. Por iso, despois de investigar moito, preguntando aos veciños, á familia, e observando nós mesmos, decidimos escribirlle esta carta, contándolle as nosas averiguacións, de todo o que é preciso mellorar ou arranxar na nosa localidade: 1. Raxó necesita beirarrúas. 2. Limpar as praias de Sinás e Laño. 3. As beiras dalgunhas rúas están cheas de herbas. 4. Escoitar máis ao pobo. 5. Gustaríanos ter máis actividades no Centro Cultural Xaime Illa. Moitas grazas por atendernos Señor Alcalde. Un saúdo moi grande. Atentamente, os alumnos de 1º: Noa, Halan, Elías, Aruba, Santiago, Javier, Silvia, Daniel e Óscar".
Este martes fixemos unha saída moi completa: xunto cos compañeiros de 2º e 3º fixemos, en primeiro lugar, un roteiro pola cidade do Lérez, na compañía de Roberto, o guía. Ao rematar, regalounos un libro co resume do paseo. Despois merendamos e descansamos un rato porque nos esperaba aínda máis: visitar o museo de Pontevedra. Alí puidemos ver diversas coleccións: de prata, de ouro, de acibeche,...ou os obxectos persoais do navegante Méndez Núñez. Aprendemos un montón!