lunes, 29 de febrero de 2016

Plantación

Empezamos a preparar a horta este curso. Primeiro prantamos dentro da clase para ver como saen raíces das diferentes sementes e logo, xa no invernadoiro.
Como recollemos as sementes? Pois das froitas que comemos nos recreos e algunha outra que trouxemos a maiores. Este curso prantamos sementes de: limón, mandarina, pemento laranxa, pemento amarelo, laranxa, aguacate, fresas e mazá. Tamén garabanzos e lentellas.
E sabes cales foron as primeiras en saír? Pois as lentellas, os pementos e a maceira!

 

 

 

lunes, 15 de febrero de 2016

Unha de amizade, por favor!

O pasado venres día 12 de febreiro, os alumnos de CEIP de Espedregada, celebraron o día dos namorados. Decoraron un corazón de papel con pegatinas e rotuladores e escribiron unha mensaxe de amor e amizade. A continuación, cortárono pola metade con tesoiras de formas. Todas as metades xuntáronse nunha caixiña e, cada alumno debía coller unha metade para buscar a súa parella. Desta forma, os corazóns, volveron a estar enteiros e cheos de cariño. Ao rematar, as parellas, fundíronse nun gran abrazo. 

 

 

miércoles, 10 de febrero de 2016

Hawaianos!

Por fin a chuvia nos deixa facer o pasarrúas! Bailamos, cantamos, rimos, saltamos,...fixemos todo canto se nos ocorreu mentres camiñabamos ata a Praza do Pobo de Samieira.
A nosa canción tedela enteira neste enlace por se queredes escoitala.

 

 

lunes, 1 de febrero de 2016

Paz

As compañeiras da Casa Rosada viñeron celebrar o Día da Paz con nós. Quixeron retomar a figura do
sereo para ter as chaves que abren o mundo da paz, o mundo do amor, o mundo do respecto,...
Lemos os nosos desexos de paz e logo, disfrutamos bailando unha fermosa canción.