jueves, 24 de diciembre de 2015

Boas vacacións

Felices vacacións!! Cos nosos pingüíns tan alegres e vistosos, marchamos de vacacións.
Ata o próximo ano!!

 


martes, 22 de diciembre de 2015

Amigo invisible

Papá Noel xa está aquí!! Moitos nervios había no cole hoxe con esta visita tan agardada. Despois da visita, xuntámonos todos no ximnasio para facer entregar os nosos agasallos ao noso amigo invisible. Que é isto?
Pois é algo moi sinxelo. Cada un de nós fixo un agasallo para regalar a algún compañeiro do cole pero, ata un minuto antes, non sabía quen ía a ser este compañeiro.
Por certo, todos os agasallos foron moi orixinais e preciosos.
E como rematar este día? Bailando!!

 

 

 


jueves, 10 de diciembre de 2015

Lío en la granja

Hoxe fomos a ver unha obra de teatro moi divertida titulada "Lío en la granja".
Ao rematar, achegámonos ata o Museo de Pontevedra para ver unha exposición sobre a evolución humana.
Foi un día moi intenso, tanto que algún compañeiro quedou case sen forzas na viaxe de regreso...