viernes, 29 de mayo de 2015

Correlingua 2015

O pasado día 15 fomos ao Correlingua: cantamos, bailamos, andamos, corremos, descansamos, soltamos globos.... pasámolo moi ben.

Os primeiros en chegar. 
O dragón viunos saudar. 


 

 

 

  
  


lunes, 25 de mayo de 2015

Centro Comercial A Barca

Puidemos ver moitas cousas no Centro Comercial. Deixáronnos entrar no almacén, nas neveiras (que frío!), na cociña, na pescadaría, na carnizaría, na froitaría,... e despois fixemos un taller cos chicos de Jumping Clay. Mirade que ben o pasamos.

Atentos ás máquinas no almacén
Na panadería. Que ben cheiraba!

Pedindo churrasco na carnizaría

"E se levamos o xamón?"

Saudando na pescadaría

Collendo forzas para seguir coa visita

Xogamos no parque infantil

Aprendendo onte está a saída de emerxecia

No taller de Jumping Clay

O resultado: un bonito colgante

domingo, 24 de mayo de 2015

Hugo

Hugo ten moi recente a viaxe da súa nai a Nova Iork e, por iso, a súa mochila está moi relacionada con esta viaxe: "Eu trouxen tres cousas importantes para min. Primeiro un peluche de oso que me trouxo a miña nai de Nova Iork. De segundo, un diario para escribir os meus segredos, que tamén me trouxo a miña nai de Nova Iork. E non se pode ler o que pon. E de terceiro, unha cámara que me regalou papi. Con ela fago moitas fotos. A miña irmá tamén ten unha pero é doutra cor".
 

jueves, 21 de mayo de 2015

Azahara

Despois de escoitar moi atentamente a Azahara, quedounos moi claro que quere volver a Tenerife porque o pasou moi, moi ben alí: "Trouxen un chaveiro que pon Tenerife e un bufo que me compraron en Tenerife. Os dous fan que me acorde de Tenerife. Tamén trouxen un álbum de fotos onde saiu eu e algúns compañeiros do cole".
 

lunes, 18 de mayo de 2015

Lina

A Lina gústalle presumir moito. E mirade os motivos: "Trouxen este bolso porque mo regalou a miña curmá e, cando vou a Pontevedra, o poño para levar as miñas cousas. Tamén trouxen esta mochila porque é moi bonita. E, por último, trouxen este lapis porque tamén mo regalou a miña curmá e está moi guai. É unha bruxa".
 

sábado, 16 de mayo de 2015

Sergio

Sergio trouxo varios obxectos interesantes. Segundo nos explicou, gústalle moito o boneco "Action Man" porque xoga todos os días con el, o xogo de cazar peixes porque llo regalou un compañeiro de clase e un peluche porque necesita durmir todos os días con el. 


miércoles, 13 de mayo de 2015

Gerónimo Stilton

A libraría Espazo Nobel de Pontevedra recibirá este venres día 15, ao "autor" dos libros de Gerónimo Stilton, o roedor máis aventureiro do mundo. Firmará exemplares a todos os nenos que o desexen.
Tedes máis información pinchando no enlace ou na web da biblioteca.