domingo, 26 de abril de 2015

Lola

Lola pasauno xenial contando a historia das súas tres cousas máis importantes. Mirade as fotos, falan por sí mesmas. O mellor de todo foi o álbum, tivemos unha explicación moi detallada de persoas e lugares, foto por foto. Moi ben Lola!

"Trouxen estas gafas que me regalou o meu tío, un reloxo que me regalou a miña avoa e un álbum de fotos porque sae toda a miña familia e amigos, bueno, menos Carlota que aínda non nacera cando se fixo o álbum". 

  


viernes, 24 de abril de 2015

Inés

Inés tamén trouxo as súas cousas máis importantes a pasada semana. Cun pouco de timidez pero ao final, explicouno todo de marabilla. Atendede!

"Un libro porque me gusta ler moito, unha máquina de xogos coa que podo xogar cando me aburro ou cando vou no coche con mami a algún sitio e un bebé de xoguete porque me gusta coidalos igual que coido ao meu curmán Mateo". 


miércoles, 22 de abril de 2015

Federico

Esta semana Federico trouxo a mochila máxica cos obxectos aos que lle ten máis cariño:

"Unha moto porque me gustan moito e as arranxo con papi ás veces. E tamén traio a camiseta do meu equipo de fútbol. Esta é a miña equipación de River, un equipo de Arxentina. O mellor equipo de todos".