En Ciencias estamos traballando o noso corpo, coñecendo as súas partes e aprendendo a coidalo mediante unha alimentación sá e facendo un pouco de exercicio. Por iso, trouxemos un estetoscopio a clase e escoitamos os latexos dos nosos corazóns. Primeiro en repouso e logo, despois de botar un par de carreiras polo corredor.
Ao principio, había algúns compañeiros que non escoitaban nada e pensaban que non tiñan corazón. Menos mal que logo sí que o escoitaron. Que susto!
Agora nos queda observar unhas radiografías. De que serán? Un pe? Unha man? As costas?