lunes, 22 de diciembre de 2014

Vacacións

É o último día de clase e no cole houbo un montón de actividades: vimos un conto sobre a casa de Papá Noel, visitounos Papá Noel, entregamos os agasallos do amigo invisible e buscamos as chocolatinas que a profe nos escondeu por toda a clase. Pasámolo moi ben. Agora toca descansar.

 

 

 

 

 

sábado, 20 de diciembre de 2014

Moi atentos!!

E aquí estamos nós, moi atentos ás mensaxes de Papá Noel, que nos foi enviando día a día. Que nervios temos! 
 

 

 


viernes, 12 de diciembre de 2014

lunes, 8 de diciembre de 2014

Mensaxe de Papá Noel

Temos unha mensaxe de Papá Noel! Di que xa está todo case listo, que os renos son moi rápidos porque comen setas e que non esquezamos portarnos ben!


miércoles, 26 de noviembre de 2014

Unha de médicos!

En Ciencias estamos traballando o noso corpo, coñecendo as súas partes e aprendendo a coidalo mediante unha alimentación sá e facendo un pouco de exercicio.  Por iso, trouxemos un estetoscopio a clase e escoitamos os latexos dos nosos corazóns. Primeiro en repouso e logo, despois de botar un par de carreiras polo corredor.
Ao principio, había algúns compañeiros que non escoitaban nada e pensaban que non tiñan corazón. Menos mal que logo sí que o escoitaron. Que susto!
Agora nos queda observar unhas radiografías. De que serán? Un pe? Unha man? As costas?






viernes, 21 de noviembre de 2014

Concertos en familia: "Pedro e o lobo"

O Pazo de Cultura de Pontevedra convídanos ao novo espectáculo de Fantoches Baj coa música da Banda Sonora de Pontevedra.
Terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro ás 18.30 horas no Teatro Principal. As entradas teñen un custe de 3 euros para os menos e de cinco para os adultos.
Pinchando aquí, podedes atopar toda a información.

Contacontos

O vindeiro LUNS 24 DE NOVEMBRO, ás 16.00 horas, terá lugar no CEIP Espedregada unha sesión de contacontos organizada pola ANPA do centro.
Estades todos convidados. Non faltedes!!

"Magosteando"

Hoxe, un curso máis, deixamos rodar a nosa gran solidariedade á carreira proposta por SAVE THE CHILDREN: corremos, animamos, rimos, cansamos e repuxemos forzas cunha gran comilona de castañas. Foi unha mañá xenial!
Por certo, que difícil foi facer os cucuruchos para as castañas... pero ao final quedaron chulísimos.

 

 

 


martes, 11 de noviembre de 2014

O cocido sinfónico

Hoxe fomos ao teatro para ver un musical moi divertido, titulado "O cocido sinfónico". Despois, moi cerquiña do teatro había unha exposición de animais salvaxes que nos encantou. Para rematar, decoramos uns erizos cunhas follas de outono. Quedaron chulísimos. 
Por certo, a exposición está aberta ao público todas as tardes, de 17.30 a 20.30 horas.