domingo, 22 de diciembre de 2013

domingo, 15 de diciembre de 2013

Obradoiro

Hoxe fixemos un obradoiro cun material novidoso chamado Jumping Clay. Viñeron dous monitores para axudarnos a facer estes peixiños tan chulos. Aquí tedes as fotos do noso taller:

            

 


martes, 10 de diciembre de 2013

De visita ao Mosteiro

En compañía de todos os nenos e nenas de 2º de Primaria de Poio, visitamos o Concello, onde estivemos charlando co alcalde, Luciano Sobral, sobre todas as cousas que se poden mellorar na nosa localidade e, tamén, aprendimos as cousas que ten que facer un alcalde no día a día.
Despois, fomos dar unha volta polo Mosteiro de Poio. Alí, despois de ver un vídeo, unha guía moi simpática, explicounos toda a historia deste Mosteiro.

 


miércoles, 4 de diciembre de 2013

Vota o noso muiño!!

O muiño de auga do CEIP Espedregada xa está rematado!!
Participamos nun concurso de arte e reciclase e necesitamos 50 votos para pasar á final.
Pinchando neste enlace, tedes un acceso directo ás fotos da nosa obra.
Hai que darlle ao cadro amarelo que pon VOTAR e introducir o noso correo electrónico. Despois, hai que validar o voto no correo (cada correo só poderá votar unha vez: un correo, un voto).
Non esquezades validar, senón, o voso non conta. E o necesitamos!
Gracias a todos pola vosa colaboración.