jueves, 25 de abril de 2013

Día do Libro


Os compañeiros de 6º escolleron un conto para cada un de nós e logo, no patio, fixéronnos a lectura en voz alta. Ao rematar cada parella elaboramos un debuxo da lectura. Por último, padriños e afillados intercambiamos un marcapáxinas, que previamente decoraramos na clase. Foi unha actividade estupenda.



  



sábado, 20 de abril de 2013

Prantamos

Aproveitando que, apareceu o sol despois de tantos días chovendo e, logo de rematar o tema das prantas en Coñemento, estivemos prantando tomates. Tamén prantamos unha gardenia para facer aínda máis bonito o patio do cole. Agora, que xa sabemos que precisan terra, auga, aire e sol para crecer, esperemos que o bo tempo continúe, e así, poder ver os tomates crecer pouquiño a pouco.





     

viernes, 19 de abril de 2013

Vacacións!!

Así celebramos a fin do segundo trimestre: merendola e baile. A disfrutar que estamos de vacacións!!





Día da poesía

Fai uns días, celebramos o Día da Poesía. Traballamos cun poema de Manuel María, titulado O Arco da Vella. As profes esconderon polo patio as estrofas e nós, tivemos que buscalas, unha por unha. Deunos un pouquiño de traballo pero o pasamos moi ben. Despois, ordenamos as estrofas para poder colocalo na parede da clase.