miércoles, 13 de marzo de 2013

O Soldadiño de Chumbo

Hoxe fixemos unha saída ao Salón do Libro, para ver unha obra de teatro titulada, O Soldadiño de Chumbo. Ao saír do teatro, estaba Orbil esperando para saudarnos e facerse unha foto con nós. Despois, fomos ao parque, a merendar e a xogar un pouquiño nos bambáns. Antes de volver ao autobús, demos un looooooooongo paseo. Mirade que fotos!





Obradoiro da auga

Fai uns días, fixemos un obradoiro sobre a auga, co profesor Nem e a profesora Nam. Con eles e coa Ecopatrulla, aprendemos a coidar o medio ambiente para a supervivenza dos seres vivos. Tamén reciclamos unha bolsa de lixo, cada obxecto no seu colector. Foi moi divertido!