domingo, 17 de febrero de 2013

Entroido, Entroido!

Despois de tanto traballo na elaboración do noso disfraz, por fin, podemos disfrutar del. No blogue da biblioteca podedes ver máis fotos do Entroido. Foi un día xenial!

Últimos retoques antes de saír.
Colocándonos para iniciar o pasarrúas

Os Bobbies de Espedregada preparados!

Pasarrúas

Tocando a guitarra

Disfrutando das actuacións dos compañeiros

viernes, 15 de febrero de 2013

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Traballamos co libro "O homiño de papel" de Fernando Alonso e fixemos uns homiños moi xeitosiños, cantamos e bailamos.